El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

O abandonado campo de fútbol de Lariño e o seu entorno serán obxecto de rexeneración ambiental

A obra terá un custe de 263.868 € e inclúe o derribo do peche e as edificacións auxiliares

S. S.   | 14.06.2018 
A- A+

A Deputación da Coruña otorgará ó Concello de Lousame unha subvención de 121.000 € para a mellora ambiental do campo de fútbol de Lariño. O custo total da obra será de 263.868 € e a institución provincial achega o 45,8%.

A obra prevista pretende dar solución ó mal estado que presentan as instalacións abandonadas do campo de fútbol, situadas nunha zona de gran valor medioambiental e paisaxístico, dotándoas ó mesmo tempo dunhas instalacións axeitadas ás necesidades do núcleo por estar clasificado o solo onde se desenrola a actuación coma urbano de equipamentos. 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt