El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Carballo porá en valor a regueifa sumándose ao proxecto Enreguéifate

A investigadora Alba Rodríguez presenta un libro sobre dous ilustres bergantiñáns// Será o día 13 en O'Mexillón

O Concello xa acendeu o alumeado de Nadal, que foi actualizado con novos obxectos decorativos - FOTO: C.C.
O Concello xa acendeu o alumeado de Nadal, que foi actualizado con novos obxectos decorativos - FOTO: C.C.

JOSÉ M. RAMOS. CARBALLO  | 07.12.2017 
A- A+

A Carballo xa chegou o Nadal, e vén cargado de propostas de dinamización cultural e comercial. Unha das protagonistas será a regueifa, pois o Concello, desde o seu Servizo de Normalización Linguística, sumouse a proxecto Enreguéifate, a través do cal pretende impulsar a posta en valor, socialización, difusión e actualización das regueifas.

A primeira iniciativa xa ten data. Será o vindeiro mércores, día 13, cando a investigadora e regueifeira Alba María Rodríguez presentará o libro-disco Regueifa en Bergantiños. Celestrino de Leduzo vs. Calviño de Tallo. Unha obra que inclúe un traballo de investigación e divulgación sobre dous dos emblemáticos regueifeiros bergantiñáns, xunto con gravacións inéditas en CD nas que se pode escoitar regueifando a Blanco de Muíño Seco con Josefa de Vigo ou con Pedro Bardancas, a Celestrino con Calviño ou con Antonio de Xornes, ou xuntos a Mandián, Suso de Xornes, Celestrino e Calviño.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt