El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

O casco urbano de Ribeira estará cortado por obras

Pavimentaranse as rúas Rosalía de Castro, Cristóbal Colón e Galicia // A actuación, xa iniciada, executarase en dúas fases

Imaxe do comezo das obras na rúa Rosalía de Castro, en Ribeira - FOTO: C. Ribeira
Imaxe do comezo das obras na rúa Rosalía de Castro, en Ribeira - FOTO: C. Ribeira

A. PRADA. RIBEIRA  | 15.11.2017 
A- A+

Arrancan as obras de pavimentación das rúas Rosalía de Castro, Galicia e Cristóbal Colón. Todas elas atópanse no casco urbano de Santa Uxía de Ribeira e foron adxudicadas á empresa Nemesio Ordóñez S.A. por un importe de 119.472,63 euros, IVE incluído.
Co inicio das obras quedará cortada ao tráfico rodado o tramo de Rosalía de Castro, situado entre a praza do Concello e a intersección con rúa Galicia. Os coches non poderán facer uso de Rosalía de Castro para acceder á fachada portuaria, aínda que poderán seguir servíndose dela a para acceder dendo o Malecón ata a praza da Porta do Sol e a Cristóbal Colón.


Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt