El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

O ciclo de cine árabe ‘Amal en ruta’ recala en Carballo

Do 18 ao 27 de xaneiro proxectaranse tres películas de ficción e outros tantos documentais // ‘Gaza surf club’ abrirá o ciclo

Ghaleb Jaber, esquerda, Evencio Ferrero e Marcos Trigo presentaron o ciclo de cine árabe.  - FOTO: Concello de Carballo
Ghaleb Jaber, esquerda, Evencio Ferrero e Marcos Trigo presentaron o ciclo de cine árabe. - FOTO: Concello de Carballo

JOSÉ M. RAMOS  | 12.01.2018 
A- A+

Carballo será, xunto coas cidades de Ourense, Pontevedra e Lugo, sede do ciclo itinerante árabe Amal en Ruta, que promove a Fundación Araguaney-Ponte Culturas coa colaboración do Concello carballés.

Na capital de Bergantiños proxectaranse do 18 ao 27 de xaneiro tres películas de ficción e tres documentais, todos eles subtitulados en castelán. As sesións serán no Pazo da Cultura e na Biblioteca Rego da Balsa, e comezarán ás 20.30 horas.

O ciclo é un resumo da Semana do Cinema Euroárabe Amal celebrada en outubro en Santiago. Arrincará co documental Gaza surf club (día 18, Rego da Balsa) e continuará con Cairo Jazzman (día 19, Pazo da Cultura), Cartas desde Baghdad (día 20, Pazo da Cultura), Wajib (día 25, Rego da Balsa), Eshtebak-Clash (día 26, Pazo da Cultura) e Alí, la cabra e Ibrahim (día 27, Pazo da Cultura).

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt