El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Doce barbanzáns realizan un curso de almacenista que lles imparte Cogami

S. S.  | 14.02.2018 
A- A+

Boiro. A casa da cultura de Boiro acolle ata o 27 de marzo un curso de xestión de almacén que imparte a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) e que financia a Consellería de Política Social. Consta de 160 horas lectivas e está dividido nos seguintes módulos: operacións auxiliares de almacenaxe, preparación de pedidos, carretillas elevadoras, manipulación de alimentos e prácticas profesionais non laborais.

O curso iniciouse con doce persoas con discapacidade dos concellos de Boiro, Rianxo, A Pobra e Ribeira.

O obxectivo desta acción formativa é coñecer as técnicas de almacenaxe, preparación de pedidos e manexo de carretilla elevadora. Cogami proporciónalle ós alumnos as destrezas profesionais que lles permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral. Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego de Cogami e que conta con 684 persoas inscritas en Barbanza (443 homes e 241 mulleres).