El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Esperan que un milleiro de ribeirenses participen na Xuntanza do Maior

Será o 3 de decembro e xa se poden retirar as entradas, que custan dezaseis euros

Un momento da presentación da Xuntanza - FOTO: C.R.
Un momento da presentación da Xuntanza - FOTO: C.R.

REDACCIÓN. RIBEIRA  | 15.11.2017 
A- A+

A concelleira de Servizos Socias de Ribeira, Esther Patiño, presentou a Xuntanza do Maior, unha celebración que terá lugar o próximo 3 de decembro e que espera contar cun milleiro de asistentes. Patiño indicou que desde esta semana xa se poden retirar as entradas para participar na Xuntanza.
Na presentación, a concelleira estivo acompañada dos presidentes dos clubs de xubilados de Aguiño, Ribeira e Palmeira, Manuel Pérez, Balbiña Baña e Andrés Rego Fernández, respectivamente.


Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt