El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

ZAS

O GDR da Costa da Morte recolle propostas para pór en valor o rico patrimonio

Xuntou en Baio a especialistas, políticos e representantes de asociacións // Concordaron en que existe un gran potencial

Asistentes á segunda xornada de desenvolvemento territorial organizada polo GDR da Costa da Morte.  - FOTO: ECG
Asistentes á segunda xornada de desenvolvemento territorial organizada polo GDR da Costa da Morte. - FOTO: ECG

JOSÉ M. RAMOS   | 14.06.2018 
A- A+

Baixo o lema Posta en valor do patrimonio natural e cultural da Costa da Morte, o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) xuntou en Baio (Zas) a especialistas, políticos e representantes de diversas asociacións e colectivos sociais co fin de poñer sobre a mesa propostas que contribúan a acadar un maior proveito da gran riqueza patrimonial destas comarcas atlánticas.

"Temos moito patrimonio pero non se aproveita". Así de contundente se amosou o catedrático de Historia, investigador do Patrimonio e presidente do Seminario de Estudos Costa da Morte, Xosé María Lema, que foi o encargado de abrir a segunda das xornadas de desenvolvemento territorial do GDR.

Lema Suárez asegurou que "poucas zonas teñen tanta riqueza e variedade patrimonial como a Costa da Morte", e lamentou que a Xunta "nos deixe de lado" e se olvidase de proxectos como o Parque do Megalitismo ou dos Penedos de Traba e Pasarela que, a pesar de ser unha paisaxe protexida, "segue entre toxos".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt