El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

A oficina de Padrón estrea o venres un curso de iniciaciación ao voluntariado deportivo

ARCA  | 14.02.2018 
A- A+

Parón. A Oficina Municipal de Voluntariado (OMV) de Padrón organiza este ano, e por primeira vez, un Curso de Iniciación ao Voluntariado Deportivo. A actividade está destinada a formar a persoas interesadas en prestar apoio e actuar como voluntarias nas actividades deportivas que organiza o Concello, entre as que se atoparían as carreiras de 10 quilómetros e a pedestre das Festas de Pascua.

A concelleira de Xuventude e Voluntariado do Concello de Padrón, Lorena Couso, considera que este curso, que se inicia este venres, día 16 de febreriro, é “unha oportunidade para que a mocidade se achegue ao mundo do voluntariado” . A responsable de Xuventude destaca que, coa proximidade dos grandes eventos deportivos de Padrón, “era preciso darlle resposta á demanda formativa neste ámbito”.

Lorena Couso explicou que o curso terá un enfoque práctico e contará cun módulo de primeiros auxilios, formación especialmente interesante para capacitar ao persoal dos grupos de apoio nos grandes eventos. Ademáis precisou que o remate das clases cada participante recibirá un diploma acreditativo.

TRAXECTORIA A Oficina Municipal do Voluntariado de Padrón é unha agrupación de voluntariado local cunha traxectoria de 20 anos e que conta actualmente con máis de dez liñas de acción, nas que colaboran 30 persoas voluntarias.

Ai que indicar que o curso, que terá unha duración total de seis horas, impartirase en dous venres, os días 16 e 23 de febreiro en horario de 16.00 a 19.00 hioras nas instalacións do Centro de Servizos Sociais de Padrón.

As persoas interesadas en facer a inscrición, que é gratuíta, só teñen que acudir á Oficina Municipal do Voluntariado e matricularse antes do día 16 de febreiro ou ben chamar ao teléfono 981 817 025, según informou o Concello de Padrón.