El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Ribeira participou no recoñecemento ó labor da asociación No Más Novatadas

O IMER acudiu ao Senado para asistir o acto no Salón de los Pasos Pérdidos

Asistentes ao acto que tivo lugar en Madrid - FOTO: IMER
Asistentes ao acto que tivo lugar en Madrid - FOTO: IMER

J. C.   | 12.07.2018 
A- A+

Ribeira. O Instituto de Medicación Educativa de Ribeira (IMER) foi unha das entidades especialmente invitadas pola presidencia do Senado de España para estar presente no acto de homenaxe que se celebrou o martes día 10, no Salón de los Pasos Perdidos do Senado en Madrid con motivo do recoñecemento ó labor da asociación No Más Novatadas polo seu labor de anos en prol da erradicación das Novatadas en ambiente universitario.

O acto estivo presidido polo presidente da Cámara alta, Pío García Escudero; da Defensora dos Estudiantes e representante da Universidade Complutense de Madrid, por Javier Urra e pola presidenta de No Más Novatadas, Loreto González-Dopeso. A presencia do IMER neste acto vén motivada pola alto grado de colaboración entre a asociación ribeirense e a entidade homenaxeada.

Cabe lembrar que as novatas seguen estando moi presentes no ámbito universitario. A pesar de que se consideran ilegais, foron socialmente aceptadas durante moitos anos e segue costando diferenciar o que se trata dunha broma e o que non.

A asociación No Más Novatadas loitará para que se sigan erradicando.