El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Zas convoca un concurso de vídeos de panxoliñas

O reto é fomentar o uso da lingua galega nas celebracións lúdicas da veciñanza

J. M. RAMOS. ZAS  | 15.11.2017 
A- A+

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Zas convocou, por terceiro ano, o concurso de Nadal PanxoliñasZAS. O seu principal obxectivo é o de fomentar o uso da lingua galega na sociedade en situacións informais e festivas ou lúdicas da veciñanza en xeral. É un concurso de vídeos de panxoliñas, vilancicos tradicionais, cantos de Aninovo e Reis, dirixido á veciñanza de Zas, sen límite de idade e no cal se poderá participar de xeito individual ou en grupo. O prazo de presentación dos vídeos acaba o día 21 de decembro, e despois serán pendurados no Facebook do Concello de Zas, onde se poderá votar outorgándolles un "gústame".


Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt