El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Barreiro: "Albor deixou unha forma de ser e gobernar na autonomía que persiste"

Xosé Luis Barreiro Rivas foi vicepresidente con Albor entre 1983 e 1986 // Afirma en El Correo Gallego que o momento que lles tocou vivir xuntos "foi enormemente importante para el e para min // No persoal, di, "era unha persoa excelente e foi afable"

Foto de arquivo do 16 de setembro de 2017, na que o exvicepresidente da Xunta, Xosé Luis Barreiro Rivas, saúda a Xerardo Fernandez Albor cando recibiu a Medalla de Ouro ó Merito no Traballo, en Santiago de Compostela.  - FOTO: EFE/Lavandeira jr
Foto de arquivo do 16 de setembro de 2017, na que o exvicepresidente da Xunta, Xosé Luis Barreiro Rivas, saúda a Xerardo Fernandez Albor cando recibiu a Medalla de Ouro ó Merito no Traballo, en Santiago de Compostela. - FOTO: EFE/Lavandeira jr

SANTIAGO. OLGA VILAR  | 12.07.2018 
A- A+

O profesor Xosé Luis Barreiro Rivas viviu man a man con Xerardo Fernández Albor, falecido este xoves ós 100 anos, a súa etapa como presidente da Xunta. De feito, o tamén politólogo foi o seu vicepresidente entre 1983 e 1986. Nunha entrevista en El Correo Gallego lembraba que a perspectiva que daquela tiña del "era case paterno-filial", porque había una diferencia de idade entre os dous de máis de 30 anos. Para Barreiro, aquel foi un momento "enormemente importante para os dous, nun partido, o AP,  que acababa de gañar por primeira vez unhas eleccións na democracia".

Fernández-Albor, destaca, "tívose que ir facendo pouco a pouco como político, en función dos problemas que xurdían". Non en van, "tiña 64 anos cando entrou na candidatura". Todo era "complicado", porque había que gobernar "unha autonomía nova". Logrou superar os retos ós que lle tivo que facer fronte, e de feito, para Barreiro Rivas, "deixou unha forma de ser e gobernar na autonomía, que persiste".