El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Pérez Vidal: "Albor foi un galeguista convencido, pero non excluínte"

Presidente do Parlamento de Galicia cando prosperou a moción de censura contra Albor, defíneo como un home "de trato exquisito e con moito sentidiño"

Tomás Pérez Vidal, primeiro pola esquerda, con José Carro Otero, Carlos Mella e Manuel Silva Romero, na presentación do libro
Tomás Pérez Vidal, primeiro pola esquerda, con José Carro Otero, Carlos Mella e Manuel Silva Romero, na presentación do libro "Comentarios y recuerdos", cos artigos de Fernández Albor en El Correo Gallego, o pasado febreiro - FOTO: Fernando Blanco

SANTIAGO. REDACCIÓN WEB  | 12.07.2018 
A- A+

Tomás Pérez Vidal foi deputado, senador, conselleiro e presidente do Parlamento de Galicia. Este último era o cargo que ostentaba cando foi votada a moción de censura contra o goberno de Xerardo Fernández Albor. El mesmo facía fincapé, nunha conversa telefónica con El Correo Gallego, en que "foi a primeira vez que prosperou en España unha moción de censura". Di que foron "momentos difíciles", e destaca que Albor "un demócrata profundo, aceptou como tal o resultado".

Na súa opinión, un dos grandes méritos do primeiro presidente da Xunta foi que "naquela primeira lexislatura, foi quen de convencer á oposición para sentar as bases da autonomía". Era, apuntou, "un galeguista convencido, pero non excluínte, que soubo que podía impregnar  dese galeguismo a todo o arco parlamentario".

No persoal, Pérez Vidal defíneo como un home "moi afable, de trato exquisito, de bo corazón e con moito sentidiño".