El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Seiscentos alumnos de centros plurilingües nas probas para acreditaro nivel de inglés acadado

É o primeiro ano que a Consellería organiza este exame para obter os certificados B1 e B2

EGC   | 14.06.2018 
A- A+

Pontevedra. Alrededor de seiscentos alumnos dos centros plurilingües de Galicia presentaranse este sábado ás probas para certificar o nivel BI e B2 de inglés do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). Este é o primeiro ano que a Consellería de Educación habilita este procedemento, ao que poden optar de maneira gratuita aqueles alumnos que finalicen ou ben a ESO ou ben o Bacharelato.

Do total do alumnado inscrito, a metade presentarase para obter a certificación B1, que acredita un nivel intermedio no dominio do inglés e é o que requiren moitas universidades para poder titular. A outra metade opta ao B2 (intermedio alto).

A Consellería de Educación asegura que esta iniciativa achega un valor engadido ao esforzo no desenvolvemento do programa por parte dos centros plurilingües e que supón unha importante oportunidade para o alumnado e as súas familias, que teñen a posibilidade de obter de balde unha acreditación da aprendizaxe en lingua estranxeira co aval dunha entidade certificadora (o Trinity College).

 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt