El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

INVITADO ESPECIAL

CIBRÁN CANEDO

Ruiz liquida o exercicio de 2017 con nota

14.06.2018 
A- A+

RIBEIRA REBAIXARÁ A DÉBEDA VIVA EN 2 MILLÓNS DE EUROS. A liquidación do orzamento de 2017 do Concello de Ribeira, que preside Manuel Ruiz, constata a boa saúde económica das arcas municipais. Así, o remanente xeral de tesourería foi de 17.361.356 €, un 27,5% máis que a liquidación de 2016. Polo que se refire ó resultado orzamentario axustado (dato fundamental á hora de avaliar a saúde financeira dun concello), ascende desta vez a 3.402.716 €, o que vai permitir rebaixar a débeda viva en arredor de 2 millóns de euros e dedicar o resto a investimentos, pois Ribeira cumpre para elo as ratios de solvencia esixidas. Ademais, reducíronse en 1,5 millóns de euros as obrigas pendentes de pago (de 5.010.144 a 3.510.665 €) e en máis de medio millón os dereitos pendentes de cobro.