El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

TRIBUNA LIBRE

JOSÉ FERNÁNDEZ LAGO (*)

In Memoriam

13.01.2018 
A- A+

home de paz, pertencía a unha familia ampla e lonxeva: de vez en cando morría un dos seus irmáns, que xa acadara os cen anos. El morreu antes, porque a morte non segue ningún código terreo. Nos últimos tempos movíase pouco a pouco polos arredores do Preguntoiro, e non deixaba de ollar para a antiga sé de El Correo Gallego. Ía case tódolos días a Misa a San Pelayo; e, ao remate, camiñabamos ata o final da Rúa Nova, para volver por Orfas, Calderería e Preguntoiro. Mirabamos se Olga tiña a luz acesa, antes de subir as escaleiras, para repousar dos seus esforzos ao longo da noite.

Cada semana había dous días en que tiña que quedar coa nena, a súa netiña. Certo que lle quería moito; pero tamén sufría por ter que renunciar á Misa. A bondade case natural de Manolo volvíase mais forte co moito que oraba. Mais aínda: a súa fe constituía os alicerces da súa humanidade. Esa fe movíao a respectar ás persoas que non tiñan ese don que Deus quere ofrecer; pero non lle daba o mesmo unha cousa ca a outra.

Hai algúns anos fóramos os dous a Asturias, participar no enterro dunha persoa amiga. Sen embargo, con moita dor, non puiden acompañalo na súa última viaxe, por estar moi lonxe. Unha persoa amiga de ámbolos dous, dicíame nun correo electrónico: Que triste é perder unha persoa como Manolo! Certo que é triste; pero sería moito mais triste se non tivera fe e levara unha vida pouco honesta. Coido que chega a hora en que valoremos a fe coma enlace co Deus da vida, de xeito que nos encha de tristura a morte dunha persoa que non sabe de onde ven nin a onde vai. Manolo sabíao ben, e vivía feliz, apoiándose na súa querida dona, Olga. Eran o un para o outro, e ámbolos dous para Deus e para os demais. Agora repousarás das túas fatigas, pois o Deus da vida, que é mellor que calquera de nos, hache encher de felicidade e de paz.

(*)EL AUTOR ES CANÓNIGO LECTORAL (/*(*)