El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

‘Batidos sinérxicos’ para dar visibilidade á economía social

Unha ducia de cooperativas de Santiago se reunirán cada mes co obxectivo de poñer en valor o seu traballo e darse a coñecer entre a cidadanía.

CORREO TV-SANTIAGO DE COMPOSTELA  | 14.06.2018 
A- A+

Este xoves arrancou a iniciativa Batidos Sinérxicos de Economía Social. Trátase de encontros mensuais enmarcados no programa Compostela Móvese con S de Social 2018. Será sesións temáticas que se celebrarán o segundo xoves de cada mes en diferentes espazos da cidade. O obxectivo é dar visibilidade ao traballo das cooperativase divulgar o seu labor entre o gran público. Na inauguración do programa participaron unha ducia de cooperativas e a edil de Políticas Sociais, Concha Fernández.