El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

SANTIAGO

O BNG reclama a revisión dos sinais instalados que incumpren o regulamento

Sinal na rúa Nova de Abaixo - FOTO: ECG
Sinal na rúa Nova de Abaixo - FOTO: ECG

REDACCIÓN  | 16.04.2018 
A- A+

O grupo municipal do BNG ven de reclamarlle ao Goberno local de Compostela Aberta que revise os sinais de tráfico que se instalan nas obras novas. Os nacionalistas puxeron como exemplo o sinal invertido de ceda o paso que se colocou na rúa Nova de Abaixo, e que se suma aos sinais equivocados de prohibición de motocicletas no túnel do Hórreo que xa se reclamara con anterioridade.

O sinal triangular de atención branco e vermello baleiro de contido no seu interior non existe no regulamento de circulación, debe levar sempre algunha icona no interior que especifique cal é o obxecto do perigo. Polo tanto, "de querer pór un sinal xenérico de atención ou de perigo tería que ser o que leva unha exclamación, que é o que está incluído no regulamento, ou o seu correspondente en amarelo e negro para as zonas de obras", segundo recolle unha queixa transmitida pola veciñanza ao grupo municipal do BNG

O feito de instalar un sinal de xeito invertido perde o significado de ceda o paso, se era o caso, pois non pode considerarse un sinal de advertencia porque non existe esa descrición no regulamento xeral de circulación.