El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

O servizo de Transfusión mellora a satisfacción e a atención sanitaria

Acaban de renovar a certificación de calidade de Aenor pola norma ISO 9001:2015

Os profesionais do servizo de Transfusión coa xerente e a subdirectora de Calidade
Os profesionais do servizo de Transfusión coa xerente e a subdirectora de Calidade

ECG   | 13.06.2018 
A- A+

Santiago. Os profesionais do servizo de Transfusión da área sanitaria de Santiago veñen de renovar a acreditación pola norma ISO 9001:2015. O delegado de Aenor en Galicia, Martín Pita, fixo entrega do certificado á responsable da unidade, Mercedes Villamayor, e ao resto dos traballadores en presencia da xerente da área sanitaria, Eloína Nuñez, a subdirectora de Calidade, Beatriz Pais e o xefe do Servizo de Hematoloxía, do que dependen, José Luís Bello.

A norma ISO 9001:2015, é unha norma internacional e ten un enfoque de mellora continua baseado en procesos. A súa implantación no servizo de Transfusión de sangue propiciou que se desenvolva, implante e mellore a eficacia dun sistema de xestión de calidade, sempre co obxectivo último de aumentar a satisfacción e a seguridade da atención sanitaria ao doente. Obter e, sobre todo, manter ao longo dos anos una acreditación deste tipo implica que nestas unidades a orientación á excelencia é un hábito, e que a calidade se garante dunha forma sistemática, así como que dita calidade é contrastada por avaliadores externos.

Ademais, o servizo foi o primeiro galego en implantar, a finais do ano pasado, a petición e a pulseira de seguridade electrónica en distintas unidades clínicas do hospital permitindo a trazabilidade electrónica do compoñente sanguíneo dende a súa extracción ata a finalización da transfusión.

Segundo Mercedes Villamayor, facultativa responsable do servizo de Transfusión do CHUS, este proceso "supuxo un cambio moi importante no xeito de afrontar o traballo, xa que todo está protocolizado, o que permite coñecer inmediatamente as incidencias que poidan xurdir e implantar as accións correctivas necesarias". Isto conlevou unha optimización do tempo e dos recursos cun evidente aumento da seguridade do doente e dos profesionais.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt