El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

'Todo é percusión' chega ao Auditorio de Galicia

O dúo de percusión Dúas acturá no Auditorio de Galicia os días 25 e 26 de xaneiro, xunto coas bailarinas integrantes do grupo Exire
O dúo de percusión Dúas acturá no Auditorio de Galicia os días 25 e 26 de xaneiro, xunto coas bailarinas integrantes do grupo Exire

REDACCIÓN   | 14.01.2018 
A- A+

O espectáculo Todo é percusión chega ao Auditorio de Galicia os días 25 e 26 de xaneiro. A montaxe levarase a cabo polo dúo de percusión Duas, e duas bailarinas de arte contemporáneo, que se identifican baixo o nome de Exire, co obxetivo principal de chegar o Arte Total a través da ligazón das distintas artes: música, danza e teatro.

Os dous días haberá dúas sesións, unha as 10.00 e outra as 12.00 horas. Todo é percusión é gratuíto, previa reserva a través do formulario que se poderá descargar no seguinte enlace http://www.compostelacapitalcultural.com e envialo ao correo electrónico info@auditoriodegalicia.org. O espectáculo musical está recomendado para alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria e ESO.