El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tecnoloxía

Bose presenta uns auriculares optimizados para o asistente de Google

MARCUS FERNÁNDEZ  | 23.09.2017 
A- A+

Nos últimos anos son varios os altofalantes conectados que aproveitaban as funcionalidades dos asistentes de Google, Amazon ou Apple, pero dende Bose pensaron que tamén podería ser interesante facer algo semellante cos auriculares, e xuntaron forzas con Google para facer que o seu asistente estea dispoñible nos seus novos Bose QuietComfort 35 wireless headphones II, que facilitan que poidamos realizar consultas a Google en momentos nos que estamos escoitando música e non queremos ter que tirar man do smartphone.
Os novos auriculares funcionan tanto con móbiles con Android coma co iPhone a través de Bluetooth, e permítennos escoitar as mensaxes que recibamos ou os eventos do calendario mentres estamos escoitando música (mantendo esa información nun ámbito privado); tamén poden empregarse para informarse das novas (que lense a viva voz de varias fontes seleccionadas); e tamén permite atender e realizar chamadas telefónicas mediante ordes de voz.
Estes auriculares conta cun sistema de cancelación de ruído activo, que permite illar ao usuario do contorno, para somerxelo na experiencia sonora, e inicialmente van comercializarse nos EE.UU., Australia, Canadá, Alemaña, Francia e Reino Unido, sendo o seu prezo europeo de 379,95 euros.