El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tecnoloxía

GoPro renova as súas cámaras deportivas

A HERO6 Black permite gravar en 4K60 e Full HD a 240 imaxes por segundo, mentres que a GoPro Fusion grava vídeo en 360 graos a 5,2K30 ou 3K60.

MARCUS FERNÁNDEZ  | 29.09.2017 
A- A+

O director xeral de GoPro, Nicholas Woodman, presentou hoxe en San Francisco as súas novas cámaras deportivas, a HERO6 Black e a Fusion, que ofrecen novas posibilidades á hora captar en vídeo o que acontece ao noso redor, converténdose en accesorios case imprescindibles para moitos practicantes de deportes de risco e actividades ao aire libre pola magnífica combinación entre calidade de imaxe, estabilización e simplicidade que ofrecen estes produtos.

HERO6 Black é a cámara deportiva de GoPro máis potente até o momento, cun procesador GP1 que facilita a gravación de vídeo en 4K a 60 imaxes por segundo ou incluso de Full HD a 240 imaxes por segundo (permitindo uns efectos de cámara lenta impresionantes) que en combinación coa estabilización de imaxe máis avanzada da marca leva a calidade do seu vídeo un paso adiante.

A HERO6 Black inclúe un novo zoom táctil, triplica a velocidade da súa Wi-Fi, pode somerxerse até 10 metros (sen carcasa), mellora o seu funcionamento baixo pouco luz, conta con modos RAW e HDR, pode controlarse por voz en 10 idiomas e tamén inclúe GPS, acelerómetro, xiroscopio e conectividade Bluetooth. O seu prezo é de 569,99 euros.
Pola súa banda a Fusion é unha cámara de vídeo esférico en 5,2K a 30 imaxes por segundo (ou 3K a 60 imaxes por segundo) que é resistente á auga (somerxible até 5 metros). A cámara tamén pode disparar fotografía esféricas de 18 Mpíxeles, recolle audio en 360 graos, permite gravar vídeos time lapse, pode controlarse por voz en 10 idiomas, integra GPS, acelerómetro, xiroscopio e compás, e ten conectividade tanto Wi-Fi como Bluetooth. Chegará ao mercado a primeiros de 2018 e o seu prezo será de 749,99 euros.