El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tecnoloxía

Instagram permite realizar directos con amigos

As retransmisións de vídeo en directo a través de Instagram permiten agora a incorporación de convidados, que figuran no vídeo coa pantalla dividida.

MARCUS FERNÁNDEZ  | 24.10.2017 
A- A+

Tras iniciar as probas en agosto, finalmente Instagram fai oficial a súa opción para facer directos con amigos, de xeito que cando esteamos a facer unha retransmisión de vídeo en vivo poderemos convidar a calquera dos espectadores a unirse á retransmisión, que pasar a realizarse a pantalla partida para que os 2 participantes poidan verse simultaneamente, e incluso na sección de historias de Instagram aparecerán os avatares de ambas persoas solapados para que se vexa claramente que é un directo conxunto.
Coa realización de directos con amigos Instagram busca que moitos usuarios perdan o medo a realizar retransmisións en vídeo, aínda que esta funcionalidade pode verse tamén como un novo xeito de interacción, xa que a persoa que inicia a emisión pode retirar ao convidado en calquera momento e convidar a outra persoa a participar, de xeito que a participación dos espectadores pode ir moito máis aló dos comentarios en modo texto. Unha vez rematada a retransmisión poderase compartir na sección de historias para que estea visible durante 24 horas.
Os directos con amigos están dispoñibles na aplicación móbil de Instagram para iOS e Android dende a versión 20.