El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tecnoloxía

Medra a familia de xogos Nintendo Selects para 3DS

Super Mario 3D Land, Kirby: Triple Deluxe e Luigi’s Mansion 2 para Nintendo 3DS incorpóranse á colección de xogos imprescindibles a un prezo reducido

MARCUS FERNÁNDEZ  | 09.10.2017 
A- A+

Para facer máis accesibles os seus clásicos modernos, os auténticos xogos imprescindibles de cada consola actual, dende Nintendo lanzaron unha liña chamada Nintendo Selects, que no caso da Nintendo 3DS vai medrar o vindeiro venres, incorporando 3 novos xogos máis que significativos: Super Mario 3D Land, Kirby: Triple Deluxe e Luigi’s Mansion 2. Estes xogos poderán adquirirse a un prezo duns 19,90 euros, o que os fai máis atractivos para todos eses xogadores que aínda non se fixeron con eles.
A colección Nintendo Selects é especialmente interesante para novos compradores da Nintendo 3DS, que así poderán gozar de grandes xogos a prezos reducidos, que no caso das portátiles actuais son unha selección bastante completa, con xogos como The Legend of Zelda: Ocarina of Time 3D, Paper Mario: Sticker Star, LEGO City Undercover: The Chase Begins, Star Fox 64 3D, Mario Tennis Open, Nintendogs + Cats ou Mario Party: Island Tour, entre outros. Moitos destes títulos chegaron ás tendas a un prezo superior aos 40 euros, de xeito que a súa incorporación á familia Selects permite que moitos máis xogadores poidan incorporalos ás súas coleccións particulares.