El Correo Gallego

Tecnoloxía

Pepephone mudará a súa cobertura móbil

Tras pasar de Vodafone a Movistar, prepara a súa migración á rede 4G de Yoigo

MARCUS FERNÁNDEZ  | 18.12.2017 
A- A+

A primeiros de 2015 Pepephone mudou da rede móbil de Vodafone á de Movistar para poder ofrecer conectividade 4G aos seus clientes, e hoxe anuncian que nos vindeiros meses van abordar un novo cambio de cobertura, bastante profundo, que suporá a migración de todas as súas liñas á unha rede móbil de seu, o que permitiralles ofrecer mellores tarifas e gozar dalgunha mellora adicional.
O novo escenario será bastante curioso, xa que Pepephone empregará a rede 4G de Yoigo (compañía pertencente ao mesmo grupo que Pepephone) alí onde teña cobertura, completando esta rede coa de Orange como secundaria e coa de Movistar como terciaria, de xeito que garanten cobertura no 99% do territorio estatal.
Esta nova mudanza vai ser progresiva,  comezando o progreso cunha comunicación por correo electrónico e SMS para confirmar o enderezo ao que terán que enviar a nova tarxeta SIM. Máis adiante enviarase á nova tarxeta e, confirmada a recepción recibirase unha data para o cambio de rede (sempre de madrugada, para evitar molestias), que será cando o usuario poderá substituír a súa SIM actual pola nova.
En calquera caso dende Pepephone aseguran que o procedemento de migración vai desenvolvese pouco a pouco, reducindo así a posibilidade de incidencias.