El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tecnoloxía

Rogue Trooper estrea versión renovada

O xogo que saíu inicialmente en Xbox e PS2 recibe un lavado de cara para verse satisfactoriamente en máquinas modernas.

MARCUS FERNÁNDEZ  | 17.10.2017 
A- A+

No marco da celebración dos 40 anos da revista británica de banda deseñada 2000 AD prepararon a rematerización do videoxogo de Rogue Trooper publicado pa Xbox, PS2 e PC en 2006 e adaptado a Wii en 2009, e finalmente o traballo de TickTock Games deu o seu froito e temos o clásico adaptado para correr en máquinas modernas, para o que incorporaron numerosas melloras gráficas, como texturas de alta definición, sombras e iluminación dinámicas e, por suposto, gráficos en Full HD. As escenas cinemáticas tamén procesáronse de novo coas resolucións de vídeo actuais.
Rogue Trooper Redux pode adquirirse a un prezo bastante axustado, de feito que por 24,99 euros é posible adquirilo para PlayStation 4Xbox One e PC, sendo especialmente curiosa esta última versión, xa que aínda podemos mercar a súa versión orixinal para PC a un prezo de 9,99 euros, de xeito que o usuario pode decidir se quere gozar das novidades introducidas nesta revisión.
Un grande traballo de remasterización conseguiu que un xogo de hai un par de xeracións puidese lucir dun xeito máis que digno en máquinas modernas, adaptándose tamén lixeiramente a xogabilidade para axustarse ás convencións do xénero (por exemplo, no novo xogo contaremos cun sistema de coberturas automático, eliminando a necesidade de premer un botón para tal fin, aínda que ese tipo de cambios só os percibirán os que gozaran do xogo orixinal).
Temos aquí unha boa oportunidade para lembrar as aventuras dun soldado de pel azul que percorre a devastada Terra Nu acompañado polos biochips coa personalidade dos seus compañeiros caídos en combate. Unha premisa bastante curiosa que no xogo orixinal tratouse con bastante acerto, de aí que moitos lectores da obra en papel que non gozaran do videoxogo de Rebellion poidan ter unha grande predisposición para dar unha oportunidade e esta remasterización que van un chisco máis adiante do que estamos afeitos, e que incluso recupera a posibilidade de xogar en modo cooperativo en liña para entre 2 e 4 xogadores.