El Correo Gallego

Tecnoloxía

Sae á venda o esperado Call of Duty: WWII

A franquía de Call of Duty volve ás orixes para recuperar ao público perdido nos últimos anos coas súas entregas ambientadas no futuro.

MARCUS FERNÁNDEZ  | 03.11.2017 
A- A+

Tras a mala acollida das entregas futuristas da franquía Call of Duty decidiron que o mellor era retomar ás raíces con Call of Duty: WWII, xogo que nos transporta á Segunda Guerra mundial, de xeito que podemos chegar a Normandía o Día D e combater por toda Europa nos emblemáticos escenarios da guerra máis monumental da historia.
O xogo pretende ofrecer a experiencia definitiva da Segunda Guerra Mundial na actual xeración de consolas con tres modos de xogo: campaña, multixogador e cooperativo. A campaña e os seus espectaculares gráficos conseguen somerxer ao xogador nunha historia ambientada nas icónicas batallas, facendo uso de armas auténticas e contando cunha grande variedade de situacións. O modo cooperativo introduce unha nova e orixinal historia nunha experiencia de xogo independente cargada de intensos momentos inesperados.
Dende hoxe podemos mercar Call of Duty: WWII para PlayStation 4, Xbox One e PC, sendo tamén posible facerse co seu pase de tempada, que consistirá en 4 paquetes de contidos descargables con novos mapas multixogador, novos capítulos de zombis nazis e misións de guerra completamente novas.