El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

O certame literario de Viaqua recibe 522 obras infantís

Éxito na convocatoria de traballos de escolares para 'Relatos de auga intelixente' // En marzo, a entrega

Entrega dos premios do certame de Viaqua no 2017 - FOTO: viaqua-sa.es
Entrega dos premios do certame de Viaqua no 2017 - FOTO: viaqua-sa.es

JUAN DAVID. SANTIAGO   | 14.01.2018 
A- A+

Un total de 522 microrrelatos feitos por escolares galegos presentáronse ao III certame literario Relatos de auga intelixente convocado por Viaqua, unha vez finalizado o pasado día 31 de decembro o prazo de recepción dos traballos dos alumnos/as de ESO e Bacharelato/FP a quen ia dirixida a convocatoria deste concurso. A participación dos escolares mantense na liña da pasada edición.

O certame, dirixido a alumnos e alumnas entre 12 e 17 anos de centros educativos da omunidade autónoma nos que ten presenza a marca como empresa da xestión da auga, ten o obxectivo de contribuír á difusión da cultura da auga e implicar aos escolares no uso sustentable da auga e o coidado do medio ambiente a través da literatura infantil e xuvenil.

Pendente da cualificación e lectura do xurado dos relatos presentados, a recompilacion dos traballos determinou xa que o colexio ourensán Divina Pastora-Franciscanas resultou ser o centro que maior número de textos de alumnos e alumnas presentou ao certame, polo que recibirá o seu premio correspondente.