El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

A Real Filharmonía protagoniza o concerto do Día das Letras

Estrea hoxe a obra 'Duns folios que foron brancos' de Miguel Matamoro, baseada en textos da homenaxeada nesta edición

Maximino Zumalave dirixindo un dos ensaios cos músicos da Real Filharmonía de Galicia
 - FOTO: Consorcio de Santiago
Maximino Zumalave dirixindo un dos ensaios cos músicos da Real Filharmonía de Galicia - FOTO: Consorcio de Santiago

MARIO ÁLVAREZ SANTIAGO REDACCIÓN ECG   | 16.05.2018 
A- A+

A Real Filharmonía de Galicia protagoniza, como vén sendo habitual, o concerto conmemorativo do Día das Letras Galegas. Celebrarase este noite, no Teatro Afundación de Pontevedra, ás 21.00 horas. Nesta actuación, gratuíta e promovida polo Consello da Cultura Galega, levará a batuta o director asociado da RFG, o mestre Maximino Zumalave; e contarase coa voz da soprano compostelá Anaís Fernández; xunto a un coro integrado por membros do Collegium Compostellanum, da agrupación Sólo Voces e do Coro de Cámara Rías Baixas.

O concerto comezará coa popular Alborada do galego Pascual Veiga, unha das figuras máis representativas do nacionalismo musical galego, orquestrada polo vigués Juan Durán.

De seguido os músicos tocarán unha selección de Cancións xacobeas de Antón García Abril, baseadas en textos de poetas galegos, neste caso dos escritores Valle-Inclán, Álvaro Cunqueiro, Sancho I e Ramón Cabanillas. E soará ademais a Dolora sinfónica de Gregorio Baudot.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt