El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Rosario Álvarez descarta o rupturismo no seu proxecto

A presidenta electa do CCG alabou ante o Parlamento galego ao seu antecesor, "que deixa unha institución moi renovada"

A nova presidenta do Consello da Cultura Galego, onte no Parlamento.  - FOTO: ECG
A nova presidenta do Consello da Cultura Galego, onte no Parlamento. - FOTO: ECG

JUAN DAVID   | 14.06.2018 
A- A+

A presidenta electa do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez Blanco, afirmou que a súa liña programática na nova etapa á fronte desta institución non será " rupturista" cos mandatos que lle precederon. "O meu programa non pretende de ningunha maneira nin ser rupturista nin revolucionario con respecto ao dos mandatos anteriores", dixo onte Álvarez ante a Comisión de Educación e Cultura do Parlamento galego.

A catedrática de Filoloxía Galega, que releva no cargo a Ramón Villares, convértese na primeira muller presidenta do CCG nos 35 anos de historia da institución.

A nova presidenta do CCG dixo que Ramón Villares "deixa unha institución renovada e cun alto nivel de recoñecemento e prestixio social". "Son consciente da magnitude da excelencia do legado que se pon nas miñas mans", subliñou.

 

 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt