El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Tres proxectos de autoría feminina, Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco

Galardóns como estes serven para dar o recoñecemento que merecen ás mulleres que rompen a diario teitos de cristal

Fotografía de familia de premiados e autoridades presentes na entrega de galardóns na Cidade da Cultura. Foto: CdC
 - FOTO: CdC
Fotografía de familia de premiados e autoridades presentes na entrega de galardóns na Cidade da Cultura. Foto: CdC - FOTO: CdC

15.11.2017 
A- A+

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidiu onte a entrega dos Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, unha quinta edición destes galardóns na que cabe salientar que os proxectos gañadores das tres categorías están liderados por ­mulleres.

Deste xeito, certames como o que onte celebrou na Cidade da Cultura a súa entrega de premios serven para dar visibilidade e o recoñecemento que merecen ás mulleres que rompen a diario teitos de cristal en cada vez máis eido e, entre eles, no emprendemento nas industrias culturais.

Esta nova edición tamén foi especial porque, por primeira vez, os gañadores coñecéronse na mesma gala de entrega —presentada pola xornalista Belén Xestal— e contou coa presenza do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; da directora-xerente da Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez Reboredo; do presidente de ­Afundación, Miguel Ángel ­Escotet Álvarez; e do xerente de Igape Nova, Guillermo Viña.
Román Rodríguez foi o encargado de entregar os premios en cada unha das tres categorías. Deste xeito, o premio a Aplicacións informáticas ou proxectos culturais en Internet foi a WCube, unha plataforma on-line dedicada á intermediación en operacións de compra-venda de arte entre particulares e artistas.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt