El Correo Gallego

Noticia 5 de 11 noticia anterior de Punta e tacón Vídeos » Punta e tacón

ANTONIO QUINTEIRO, PRESIDENTE DA SD COMPOSTELA

"No caso de ascender hai que ter máis madurez que a vez pasada"

O presidente da SD non pensa na posibilidade de non ascender // O obxectivo: ser prudentes no caso de volver á Segunda B // Fai un chamamento á afección e á cidade.

SILVIA CASTIÑEIRAS. CORREOTV  | 15.05.2018 
A- A+

A piques de comezar a eliminatoria do play off de ascenso a Segunda B, na que o Compostela se enfrontará ao filial do RCD Espanyol, o presidente da entidade branquiazul móstrase moi ilusionado con esta nova posibilidade de volver a esta categoría.

Antonio Quinteiro estivo no programa Punta e Tacón (www.correotv.es) despois de asistir na sede da RFEF ao sorteo do play off que emparellou aos santiagueses cun dos rivais máis potentes. De todas formas, o presidente da SD confía en que os xogadores que dirixe Yago Iglesias fagan un bo papel e consigan ese ansiado ascenso e así llo fixo saber ao equipo e ao corpo técnico. Ademais, o mandatario compostelanista quere que a afección e a cidade en xeral desfruten e se impliquen con este novo reto para o principal club de fútbol da capital galega.

Aínda que ilusionado, Quinteiro quere ser prudente no caso de conseguir o ascenso. O presidente cre que "hai que ter máis madurez que a vez pasada" referíndose á época posterior ao ascenso do 2013 (o equipo descendeu a Terceira na temporada 15/16)  e "traballar nun proxecto que que se basee nas raíces, con xente con valores e cariño polo club".

De momento no club pensan en positivo e segundo o presidente "agora mesmo non se pensa en non conseguir o ascenso".  De non acadalo "xa se valorará" a situación.

O presidente branquiazul puido ver  no programa Punta e Tacón as imaxes do ascenso en Cieza (Murcia) no 2013, unhas imaxes que lle traen moi "bos recordos por como nos tratou a xente, parecía que estabamos en San Lázaro".

Antonio Quinteiro coa autora da entrevista, Silvia Castiñeiras