El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Boqueixón aproba a ordenanza que regula as axudas de emerxencia social

Tamén se decidiu no pleno pedir o Día das Letras Galegas 2020 para Rei Ballesteros

A.P.   | 13.07.2018 
A- A+

Boqueixón. O Concello de Boqueixón vén de aprobar no pleno por unanimidade a ordenanza reguladora das axudas de emerxencia social. Un regulamento co que se pretende garantir á cidadanía a cobertura das necesidades básicas e que está destinado a persoas ou familias empadroadas e residentes no municipio. A nova ordenanza establece en mil euros o importe máximo anual a conceder polo conxunto de axudas solicitadas, agás en circuntancias excepcionais. O rexedor boqueixonés, Manuel Fernández, amosouse moi satisfeito desta ordenanza que permitirá "dar resposta a aquelas persoas ou familias que se atopen en situacións de necesidade ocasionadas por gastos de carácter extraordinario e urxentes".

No pleno tamén se deu luz verde a varias modificacións orzamentarias en proxectos como o arranxo das piscinas, o acondicionamento do campo da festa de Lestedo e do centro socio comunitario de SErgude. Ademais aprobouse por unanimidade solicitar á Real Academia Galega que se adique o Día das Letras Galegas do 2020 a Anxo Adolfo Rei Ballesteros. Foi segundo Munín "o iniciador da novela galega contemporánea".