El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Licitados os proxectos da variante de Ribeira

Infraestruturas, que investirá 9,3 millóns, espera que estén no primeiro semestre de 2019

Manuel Ruiz, a la izquerda, en una reunión con Ethel Vázquez - FOTO: Gallego
Manuel Ruiz, a la izquerda, en una reunión con Ethel Vázquez - FOTO: Gallego

J. C. RIBEIRA   | 13.07.2018 
A- A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda licitou onte os proxectos técnicos necesarios para a construción da Variante de Ribeira, na que o goberno galego prevé investir uns 9,3 millóns de euros, informou o Concello. Tales proxectos técnicos comprenden a redacción do proxecto de trazado e o estudio de impacto ambiental da infraestrutura, que fixará as ocupacións e permitirá reservar os terreos necesarios para a súa execución.

Espérase contar con estes documentos no primeiro semestre de 2019 e, de seguido, unha vez cumprimentados os trámites de sometemento a información pública e aprobación definitiva dos mesmos, xa se poderá redactarse o proxecto construtivo da primeira fase.

Neste senso, cómpre informar de que a nova vía, duns 3 quilómetros de lonxitude, está programada en dúas fases, unha primeira correspondente ao treito que discorre bordeando todo o núcleo urbano ata a avenida da Constitución e unha segunda de continuación ata o porto, que se corresponde co ámbito máis urbano.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt